martes, 30 de septiembre de 2014

GIMP:Trocar JPG en PNG con transparencia

Contaba nunha entrada da bitácora do taller libre, que non me debanara moito os sesos para crear o primerio deseño do interior do folleto de presentación, xa que incluin unha boa cantidade de imaxes e debín crealas caseque todas coa trasnparencia que non tiñan. Para elo foi necesario trocar o formato do arquivo de darlle transparencia.
Explicovos como fixen.
(PS:) Se alguén sabe de unha maneira de automatizar isto para varias imaxes á vez, por favor que o comente.

Inkscape, software livre, FLOSS
Imaxinemos pois calqueira imaxe que non ten transparencia. Por exemplo, un señor cunha barra de pan. Abrimos a imaxe no GIMP e realizamos as seguintes operacións:
1.- Coa ferramenta de clonar (tampón) eliminamos as pates sobrantes da imaxe,
2.- Seleccionamos todo o ceo coa variña máxica. Xoga co limiar ata que nos cubra toda a pantalla.
Temos que ter en conta que o que temos seleccionado é o azul.
Imos a >>selección>>Inverter (ou ben pulsamos a Tecla Control + I)
Copiamos entón a selección no portapapeis. >>Editar>>Copiar (Ou ben pulsamos Ctrl + c )

Gimp, softwar libre, manipulacion de imaxes

Creamos un ficheiro novo dende o portapapeis.  >>Ficheiro>>Crear>>Dende o portapapeis.

Xa temos a imaxe con transparencia. Agora xa podemos usala nun programa de gráficos vectoriais como o Inkscape como si fora unha calcomanía.

Gimp, software libre, trasnparencia.
Imaxe Dominio Público. (Pixabay)




Voltar ó Indice do Taller de GIMP.



Licencia Creative Commons Trocar JPG en PNG con transparencia,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Biblioteca GIMP en Diigo

Copywriting//Xestión de Redes Sociais//Creación Páxinas Web//LOPD
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario