domingo, 14 de septiembre de 2014

GIMP: Formatos de Imaxe

Cando descargamos algunha imaxe ou obtemola por nosos medios, (teléfone, cámara, etc) posiblemente a recibamos en formto JPG, e pode ser que teñamos interés en utilizar características de imaxe que este formato non soporta.
No video comentase como exportar a imaxe a outro formato e cales son os formatos mais comúns.


Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial.


Recordamos as diferencia entre os formatos de imaxe:

Formatos de exportación de Imaxe mais comúns:

JPEG (Motion Pictures Expert Group):

É o formato mais habitual, e atopase en caseque todas as cámaras dixitais, e seguramente é un dos mais usados polas usuarias, xa que permite almacear gran número de fotos nun espazo sensiblemente menor que a maior parte dos outros formatos.
Este tipo de ficheiro traballa con compresión da información para poder reducir seu tamaño, pero existe degradación da calidade da imaxe cada vez que se manipula.

BMP (Bit MaP, mapa de bits)

BMP é un formato standard que usa Windows para almacear imaxes independentes do dispositivo e da aplicación. O número de bits por pixel (dende 1 a 64) de un arquivo BMP determiñase especificando no encabezado do arquivo.
Os arquivos BMP non teñen un formato comprimido, polo que non son apropiados para a transferencia a traverso das Redes.

GIF (Graphics Interchange Format, formato de intercambio de gráficos)

GIF é un formato común das imaxes que aparecen nas páxinas Web. Este formato funciona ben para debuxar liñas, imaxes con bloques de cor sólida e imaxes on límites definidos antre cores.
Os arquivos GIF comprimense sin que se perda información.
No formato GIF podese definir unha cor como transparente.
Unha secuencia de imaxes GIF poden gardarse nun único arquivo para formar un GIF animado.
O número máximo de cores de un ficheiro GIF e de 256, xa que non gardan mais de 8 bits por pixel.

JPEG (Joint Photographic Experts Group)

JPEG é un esquema de comprensión que se dice é ideal para esceas naturais e fotografías escaneadas.
Durante o proceso de comprensión perdese algo de información, pero a perda sole ser imperceptible para o ollo.
Os arquivos JPEG almacenan 24 bits por pixel, polo que son capaces de amosar mais de 16 millóns de cores.
Os arquivos JPEG non admiten nin transparencia nin animacións.

EXIF (Exchangeable Image File)

EXIF é un formato de arquivo usado para as fotografías tomadas por cámaras dixitais (ou do smart Phone). Estes arquivos conteñen unha imaxe JPEG e xunto a ela datos relacionados coa toma (cámara, exposición, Diafragma, localización de estar dispoñible.. etc)
Non uses imaxes que acompañen os datos exif a menos que estes a desear facelo. Compartir tantos datos como acompañan a unha imaxe pode non ser bon para a nosa privacidade.

PNG (Portable Network Graphics)

O formato PNG supón unha mellora do formato GIF pola súa capacidade de amosar unha imaxe progresivamente; é decir, para amosar aproximacións cada vez mellores da imaxe a medida que a información vai chegando a través da conexión de rede.
Os arquivos PNG poden almacear ata 48 bits de cor por pixel.(128 millons de cores (?)

TIFF (Tagged Image File Format)

TIFF ou TIF  é un formato gráfico que xera arquivos grandes pero cunha boa calidade de imaxe e converteuse no formato padrón dos arquivos gráficos (32 bit) con elevada definición de cores. Úsase en aplicacións de manipulación de imaxes como Photoshop, DTP e escáneres e tamén para o intercambio de imaxes entre as diversas plataformas. Ademais dos datos da imaxe, os arquivos TIFF conteñen etiquetas nas que se arquiva información sobre as características da imaxe.



Voltar ó Indice do Taller de GIMP.



Licencia Creative Commons GIMP, os Formatos de Imaxe,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Biblioteca GIMP en Diigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario