domingo, 17 de agosto de 2014

Crear unha imaxe interactiva

En ocasións podes ter interese en crear unha imaxe interactiva; querese decir, que picando en determiñado lugar da imaxe sexas redirixida a unha URL determiñada, ou que te leve a outra picando noutra área da imaxe.

¿Cómo crear unha imaxe interactiva co GIMP?

Para trocar unha imaxe en interactiva temos que facer un mapa nela, seleccionando áreas e indicandolle ó navegador a qué URL  queremos que nos dirixa un xesto do rato.

imaxe interactiva
Esta é a imaxe elexida por min para trocala en interactiva. Pretendo que un click nos dirixa ós indices dos distintos blogues dos talleres que se van creando.

Para elo, temos que crear un "mapa" da imaxe; é decir, definir as áreas que queremos que respondan ante unha acción do rato.
Para elo imos a Filtros>>Web>>Mapa da imaxe

imaxe interactiva

Seleccionamos entón as áreas que desexamos que teñan un destino determiñado e indicamos cal é o lugar (URL) ónde queremos dirixir á usuaria.

imaxes interacivas
Unha vez remataches de seleccionar todas as áreas que queres que teñan un destino, gardamos o mapa. Este é un ficheiro texto, onde aparecen as coordenadas e destiños definidos.

Insertamos agora a imaxe (ou xa estaba insertada) na nosa web, blogue, e diriximonos ó enlace no editor HTML.

imaxe interactiva
Abrimos o ficheiro .map, que como dixemos é un ficheiro texto,


pegamolo no editor e relacionamolo coa imaxe.

imaxe interactiva

Para elo, no  código da imaxe inserimos a orde usemap="#nomedomapa".
Gardamos o traballo e testeamos que os links funcionen.
E eiquí temos xa a imaxe interactiva creada.

¡Así de doado!!!

Aprendermos. Redes Sociais para pequeno comercio. Taller de WordPress para ONG's e PeMEs Taller de Manipulación de Imaxes co GIMP Taller de blogues con Blogger Taller de Facebook para ONG's e PeMEs

¿Como creas ti túas imaxes interactivas? Contanolo na zoa de comentarios. Estaremos encantadas de leerte.

Si gostache desta entrada, partillaa coas túas amigas e veciñas, e si queres recibir puntualmente as novas actualizacións do blogue, enche o cuestionario de abaixo e recibirás semanalmente un novo consello para traballar sin coste coa túa computadora para mellorar túas redes sociais.




Voltar ó Indice do Taller de GIMP.
Licencia Creative Commons Crear imaxes interactivas con GIMP   por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario